Discapacidade intelectual

Portada » Discapacidade intelectual

Clasificación

Segundo Miguel Ángel Verdugo Alonso, a nova revisión de definición da discapacidade caracterízase por:

=

Limitacións significativas no funcionamento intelectual

=

E na conducta adaptativa, tal e como se manifesta nas habilidades conceptuais, sociais e prácticas.

=

Esta discapacide orixínase durante o periodo de desenvolvemento, definido operativamente antes de que a persoa cumpra 22 anos.

Pode basearse na intensidade das necesidades de apoio, as limitacións na conducta adaptativa ou o funcionamento intelectual. Depende da finalidade para clasificar a súa relevancia.

O mellor e o máis eficaz para clasificala é en base ó patrón e intensidade das necesidades de apoio da persoa, xa que reflicte as posibilidades de progreso e é un marco para a implementación de sistemas e apoios con efecto positivo no funcionamento e benestar persoal.

Discapacidade do desenvolvemento

Unha discapacidade crónica severa que:

  • É atribuíble a un impedimento mental ou físico, ou a unha combinación de impedimentos mentais e físicos.
  • Maniféstase antes de que a persoa cumpra 22 anos.
  • É probable que continúe indefinidamente.
Discapacidad intelectual
Discapacidad intelectual
  • Dá lugar a limitacións funcionáis sustanciais en tres ou máis áreas importantes da actividade da vida
  • Reflexa a necesidde da persoa dunha combinación e sucesión de servizos especiais, interdisciplinares ou xenéricos, apoios individualizados e outras formas de asistencia que son de por vida ou de duración extendida e que se planifican e coordinan individualmente