Fisterra
Continuando con proxecto de coñecer o entorno, desta vez tocounos Fisterra. E como sempre o primeiro
que fixemos foi buscar información sobre o sitio para saber do que íamos falar.
Desta vez viñeron un montón de compañeiros a participar, xa que no centro somos moitisimos de Fisterra.
Buscando a información encontramos moitas cousas: o Castelo de San Carlos, o faro, a ermita de San
Guillermo, as miles de praias… Tamén descrubrimos que pola forma dac osta que hai alí producíronse
moitos naufraxios. Nos decicimos falar de dous: o Casón e o Prestige. Sobre isto vimos uns videos para entender de
primeira man como foi todo o que os naufraxios produciron. Neles víase como o Casón estourou, como
sacaban a xente del, como marchou todo o mundo co medo. Incluso un dos nosos compañeiros saía
nos videos. Do Prestige vimos como o petróleo manchaba todo: praias, animais, o mar, as pedras… ata
unha excavadora subida nun barco paleando o chapapote. Tamén como milleiros de voluntarios se
acercaron ata aquí para axudar a limpar todo o desastre.
Quixemos facer unha visita por Fisterra como nos outros concellos, pero desta vez non tivemos sorte. O
señor que se encarga do Castelo non quixo ensinárnolo porque decía que non tiña tempo, e no concello
non hay ninguén que sirva para facernos de guía e ensinarnos algo do pobo. Unha verdadeira pena.
Pouco a pouco fomos traballando na exposición, reuníndonos cada día e buscando mais información. O
final, de tanta que atopamos pensamos en que podíamos facer un video para que a exposición fose
mais divertida e sin tanto falar. Gustounos moito grabar os videos porque nos facia gracia e pasábamos
o día rindo.
Un día antes de expoñer uniuse a nos unha nova compañeira que empezou no centro. Como non lle
daba tempo a poñerse o día ca exposición propuxémoslle que fose a nosa presentadora. Ela aceptou e
a verdade é que o fixoo moi ben. O día da exposición foi todo como a seda. Moitos de nos xa levamos as costas moitas, polo que é como
un día calquera. En cambio, algunhas compañeira era a primeira vez que facia unha exposición, polo que se puxeron algo nerviosas. Nada que ver co resultado, que foi maravilloso. Todos soubemos explicar a nosa parte sen problema. E os videos dixeronnos que lles gustaran moito.
Ainda que non facía falta que nolo dixeran porque xa o intuíamos polas risas no ximnasio. Para rematar, tamén fixemos un cartel para colgar na porta xunto co escudo de Fisterra. Así todos o poden ver cando pasen por alí e recordar todo o que ese pobo ten por si queren ir a visitalo.