Discapacidade intelectual
Portada »
Clasificación
Segundo Miguel Ángel Verdugo Alonso, a nova revisión de definición da discapacidade caracterízase por:
Limitacións significativas no funcionamento intelectual
E na conducta adaptativa, tal e como se manifesta nas habilidades conceptuais, sociais e prácticas.
Esta discapacide orixínase durante o periodo de desenvolvemento, definido operativamente antes de que a persoa cumpra 22 anos.
Pode basearse na intensidade das necesidades de apoio, as limitacións na conducta adaptativa ou o funcionamento intelectual. Depende da finalidade para clasificar a súa relevancia.
O mellor e o máis eficaz para clasificala é en base ó patrón e intensidade das necesidades de apoio da persoa, xa que reflicte as posibilidades de progreso e é un marco para a implementación de sistemas e apoios con efecto positivo no funcionamento e benestar persoal.
Discapacidade do desenvolvemento
Unha discapacidade crónica severa que:
- É atribuíble a un impedimento mental ou físico, ou a unha combinación de impedimentos mentais e físicos.
- Maniféstase antes de que a persoa cumpra 22 anos.
- É probable que continúe indefinidamente.


- Dá lugar a limitacións funcionáis sustanciais en tres ou máis áreas importantes da actividade da vida
- Reflexa a necesidde da persoa dunha combinación e sucesión de servizos especiais, interdisciplinares ou xenéricos, apoios individualizados e outras formas de asistencia que son de por vida ou de duración extendida e que se planifican e coordinan individualmente