SAIDA O ACUARIO CON VOZ PROPIA
Despois de moito tempo, aínda con malos recordos do Covid, fixemos a nosa primeira saída. En duas tandas, uns o 28 de marzo e outros o 11 de abril, fomos a visitar o acuario da Coruña, que se chama Finisterrae.
Saímos do centro as 10 da mañá, uns en autobús e outros na furgoneta adaptada. No camino fomos charlando e cantando cancións típicas como “vivir na Coruña que bonito é”. Cando chegamos o acuario unha señora estaba agardando por nos para recibirnos e explicarnos un
pouco como iba a ser visita. En cambio, o día 11, foi un señor p que estaba agardando por nos.
O primeiro que fixemos foi ir a ver a Gastón, o gran tiburón que teñen alí. Viánselle os dentes todos da boca. Non a podía pechar xa que si o facía iba a lastimarse moito con eles. Despoís seguimos vendo un montón de peixes mais: robalos, peixes pallaso, xurelos, sardiñas, xardas, fanecas, douradas, cabaliños de mar, estrelas de mar, corais, un montón de tipos de áreas e hasta dous buceadores limpando agúns acuarios por dentro.
Despois saímos as piscinas de fora e poidemos ver as focas. Había 11, 9 femias e 2 machos. Había unha que estaba como de pe na auga, quentándose o sol. Despois dela, foron aparecendo moitas outras nadando por alí. Son moi bonitas e grandes, e facianos moita gracia velas tomando o sol. Antes de dar por finalizada a visita, pasamos pola tenda para levar algún recordo. Había para escoller cadeas, bolígrafos, peluches, postais, chaveiros, brazaletes, cadernos, botellas, imáns… milleiros e milleiros de cousas. Cada un colleu o que mais lle gustou e que se poidera permitir cos cartos que tiña. Marchamos de alí moi contentos.
Gustounos moito toda a visita, pero Gastón e as focas roubaronnos o corazón. Eran moi moi bonitos. Tanto que ata pareca mentira estalos vendo.
Despois de tanto trote tíñamos que repoñer forzas. Volvemos a subir o autobús e diriximonos ata Arteixo a un enorme restaurante no que comer.
Sentámonos todos xuntos nunha gran mesa larga, que xa facía moito tempo que non estábamos así e facíanos falta. Pedimos unhas bebidas e tamén a comida, cada un o que quixo. Había para escoller churrasco, parrillada de peixe ou milanesa de polo. A maioria comemos churrasco, ainda que houbo quen non quixo perder a línea e acabou decantándose polo peixe. O que non deixou ninguén atrás foi o postre: unha boísima tarta xeada de nata e chocolate. Coa barriga xa ben chea, tivemos que volver a subir o autobús e poñer rumbo a casa. A volta algún pasárona charlando, outros cantando, e os que non podían mais durmindo. Gustounos moito todo. Pasamolo en grande no acuario e aprendemos cousas. Comemos super ben. Pero o que mais desfrutamos sen dúbida foi volver a ter unha saída e pasar tempo todos xuntos despois de tanto tempo. Esperamos que se poda repetir pronto.