“O enterro da sardiña” carnavales 2025

Portada » “O enterro da sardiña” carnavales 2025

30 · Abr · 2025

CARNAVALES 2025

Primeiro dixeronnos cal era o tema deste ano para o Entroido: ”o enterro da sardiña”.

Na aula de atención pedagóxica decidimos disfrazarnos de cofrades e formar a cofradía da Santa Sardiña. O resto dos nosos compañeiros disfrazaronse de curas, monxas, viuvas, monxes e ata había un papa no seu papamóvil.

Durante toda a semana tivemos un menú especial de Entroido, con comida relacionada co enterro da sardiña. Había crema de viuvas, carne o caldeiro de Entroido, rosquillas, chulas de espantallo, arroz de velorio, sopa de monxas, sardiñas do camposanto, filloas, orellas, e como non, lacón con grelos estilo enterro da sardiña. Para poder baixar todos estos manxares tamen nos deron distintos licores: de café, dos cofrades, de monaguillo ou do cura da aldea.

O venres as 12 da mañá fomos a velar a sardiña o seu velorio. Alí estaba ela, dentro dunha Caixa rodeada de velas e coroas de flores. Puxeron música triste e de misa para poder rezar por ela. Algún dos nosos compañeiros non a deixaron soa en toda a mañá, xa que estaban moi sentidos pola pérdida e o traballo que dera. A viuva tiña un llanto desesperado por ela e ata tivo que traer unha botella de anís para aliviar a pena. Varias veces a tiveron que erguer do chan. 

 

A tarde comezou con unha misa. Falou o papa, tamén o monaguillo e mais o alcalde. Cantáronse unhas oración e quedou unha misa preciosa.

 

 

Despois comezou a procesión. Fomos todos en fila nun gran percorrido polo exterior do centro gardando silencio pensando na sardiña. Cando chegamos, con moito pesar, sabíamos que era a hora de queimala e deixala descansar en paz. A sua viuva doulle o último bico e tras un desconsolado choro desvaeceu dentro dun carretillo.

 

A sardiña deixou dito en testamento que non quería que estivesemos apenados por ela, así que para cumprirlle o gusto fixemos unha gran festa. Cantamos e bailamos ata que non nos deron mais os pes e as pernas. Esperamos que a sardiña quedase contenta alá onde esté. Dento do desgusto nos pasamolo moi ben, pero foi todo porque ela o pedíu. 

Foi un Entroido moi divertido. Comemos moi ben tódolos días, e pasámolo en grande inventando e facendo os disfraces. 

O carnaval neste centro cda ano é mellor. Así da gusto celebralo. 

Categoría: Con voz propia
Etiquetas: