Coñecendo o noso entorno Cee

Portada » Coñecendo o noso entorno Cee

30 · Abr · 2025

CEE

Seguimos coñecendo o noso entorno, e esta vez tocounos Cee. Como fixemos con Corcubión, o primeiro que fixemos foi buscar información en internet. Encontramos sitios moi iimportantes, e outrosque non o eran tanto. Así que escollemos solo os que vimos mais interesantes para falar deles. Tamén
buscamos un montón de fotos reais e diferentes imaxes para cada explicación, e que así fose mais sinxelo de ver.Fixemos tamén un cartel informativo para poñer na porta despois da exposición e que todos poidan vir a velo para saber mais de Cee.

Como sempre que facemos unha actividade deste tipo, chamamos a outros compañeiros da vila de Cee das outras aulas para que traballaran con nos.
A primeira visita que fixemos desta vez foi a baleeira de Caneliñas en Gures. Fomos todos en unha furgoneta, pero tivemos que camiñar un anaco para chegar a ela. O primeiro que vimos foi que estaba todo en ruinas. Cara o mar estaba a rampa pola que subían as baleas. Tamén vimos o lonxe o sitio donde gardaban a pólvora ou as casas nas que vivian os que traballaban alí. Adentrámonos un pouco ata a porta da factoría, pero non pasamos dela por se caía algo e nos lastimaba. Vimos donde se gardaba o aceite e donde despezaban as baleas. Ata un golfiño morto estaba tamén alí.

 

           

 

 

 

 

 

A visita gustounos para así poder falar mais na exposición sobre como é a situación real da factoría. Aínda que estaría mellor que a reformaran un pouco para poder convertila nun museo.

 

              

 

A segunda visita foi o casco antigo da vila e a Igrexa da Xunqueira. O técnico de cultura do concello, Víctor Castiñeira, acompañounos e contounos milleiros de datos interesantes. Como que dentro da Igrexa estiveron enterrados os restos de Fernando Blanco antes de que se lle construira a capela no seu colexio. Tamén nos levou o Apazo de Cotón e vimos o escudo e a impresionante balaustrada da entrada do pazo.

 

         

 

Finalizamos a visita vendo o sitio donde chegaba o mar antes, porque agora está moito mais atrás. Antes non se podía pasar de Cee a Corcubión andando como agora, había que coller un bote ou unha chalana. Esta visita tamén nos gustou moito e estamos agradecidos o concello por poder facela posible. Xa no centro e con todo listo, ensaiamos un par de veces para ir directos a facer a exposición.
Xuntámonos todos no ximnasio e falamos de Fernando Blanco e de como emigrou a Cuba, do colexio que fixo e do museo. Tamén de tres Igrexas de Cee, a da Xunqueira, a de Toba e a de Xallas. De Antonio Andrade e de Concha Blanco, do Pazo de Cotón, das baleas, a factoria e a memoria que
deioxou. Do monumento a muller, os fusilados e os médicos rurais. Xa temos bastante experiencia nesto de exponer, así que como vos podedes imaxinar saíunos todo bastante ben. Os compañeiros quedoulles todo claro e gustoulles moito.

Agora andamos argallando como vai a ser a nosa seguinte exposición, as visitas e de que imos a falar. Imaxinádesvos que sitio nos toca?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Categoría: Con voz propia
Etiquetas: