O 24 de setembro fun cuns amigos de ASPADEX nun cruceiro pola costa de Fisterra.
Era primeira vez que subía nun barco, tiña un pouco de medo antes de subir porque no sabía se me ía a marear o caer.
Saímos do porto ás 12:00hrs, vimos dende o mar lugares como a Praia de Langosteira, a Praia da Ribeira, o Castelo de San Carlos e o Faro Fisterra, eu coñecía ben Fisterra pero nunca o vira dende o mar, observaba e ía recordando cousas vividas, por exemplo á Langosteira ía coas miñas amigas e alí aprendín a nadar, tamén visitei moitas veces o Castelo cos meus amigos; no faro, despois dun incendio, prantei árboles cando era unha nena, todos eses sitios tiñan un significado para mín e foi marabilloso lembralo dende o mar.
No barco pasámolo moi ben, cantamos, bailamos, fixemos fotos e tomamos un pinchiño. Volvería a repetir esa experiencia de novo.
Gema Castreje