Boas tardes a todos/as!
Vamos falar do traballo de Dumbría. Este consiste en aprender cousas novas de Dumbría. Que é o concello que está cerca de Cee.
Algúns dos sitios que coñecemos son: A Cascada do Ézaro, Praia do Ézaro, Mirador do Ézaro, Dolmen Pedra da Arca, Escultura Vákner…
Para aprender iso fixemos un traballo, que conta con varias fases. Primeiro, tivemos que responder a unhas preguntas para traballar a información. Logo, levamos a cabo varios xogos que nos permitiron aprender ao mesmo tempo que nos divertíamos. Algún exemplo pode ser: unha xincana ou unha sopa de letra. Unha vez que tiñamos claros os conceptos, fixemos unha saída á Cascada do Ézaro.
Cando chegamos, repasamos entre todos as cousas que aprenderamos dela e doutros sitios cercanos. Aproveitado que facía bo día, e disfrutabamos da paisaxe, tomamos un café e pasamos unha mañá agradable. É moi bonito ver a Cascada dende abaixo, por ese motivo quitamos fotos. Así teremolas de recordo cando nos acordemos do proxecto “Coñece o teu Entorno”.
Pasamolo moi ben, e gústannos moito este tipo de saídas. Pero máis aínda cando sabemos todo o traballo que trouxo consigo.
