Política de calidad

A continuación puedes encontrar la información más relevante relacionada con nuestro sistema de calidad: certificado ISO 9001:2015, política de calidad y comunicado a proveedores.

CERTIFICADO ISO 9001:2015

Desde el año 2012 la Asociación ASPADEX cuenta con un certificado de calidad conforme a la ISO 9001.

CERTIFICADO ISO 9001:2015

Política de calidad

A calidade é un compromiso estable por parte da alta dirección de ASPADEX, así como unha responsabilidade individual de cada unha das persoas que xestionan a organización. A dirección comparte, con todos os profesionais, a convicción de que a satisfacción das necesidades e expectativas dos nosos grupos de interese, o cumprimento das exigencias legais e reglamentarias das entidades que nos financian e a aposta por un sistema de xestión da calidade segundo a ISO 9001:2015 que asegure a actualización continua e a mellora permanente, constitúen a mellor garantía de futuro para a nosa organización e a súa mellor aportación ó cumprimento da nosa misión. Para levar a cabo este propósito ASPADEX declara os siguientes compromisos: COAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE:

  1. Atención e trato cordial, amable e acolledor respetando a súa singularidade
  2. Respeto á súa liberdade de conciencia.
  3. Garantía de confidencialidade da información sobre as persoas, así como desenrolo dun plan de protección de datos, de acordo coa normativa vixente.
  4. Atención profesional individualizada a través dun Plan de atención individual (PAI) basado na información e orientación cara a fomentar as capacidades dos nosos clientes e apoiar as súas carencias sociais, psicolóxicas, educativas, laborais, etc… de acordo cos recursos humáns e materiais dos que dispoñemos.
  5. Coñecer as necesidades e expectativas dos nosos clientes/usuarios coa intención de apoiar o seu proxecto de vida, dunha manera realista.
  6. Mellora continua dos procedimintos para desempeñalos con maior eficacia e calidade.
  7. Solicitarlles periódicamente, que manifiesten o seu grado de satisfacción.

COAS FAMILIAS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE DO CENTRO.

  1. Facilitar a súa participación activa, a fin de coordinar as accións que se deriven do cumprimento da nosa misión no que respecta ós proxectos de vida dos seus fillos tutelados ou representados con discapacidade.
  2. Apoio co programa de atención a familias, segundo as súas necesidades.
  3. Comunicación periódica informativa e clara, sobre o programa de intervención ofrecido ó seu familiar ou representado, sobre os seus dereitos e deberes e sobre a xestión da organización.
  4. Xestionar eficazmente os recursos dispoñibles, con criterios de calidade.
  5. Solicitarlles periódicamente, que nos manifiesten o seu grado de satisfacción.

COS NOSOS TRABALLADORES/AS.

  1. Posibilitar un plan de formación continua individual, acorde ás necesidades da entidade, que persiga unha mellora na competencia profesional.
  2. Definir un organigrama e realizar unha descrición de perfís profesionais.
  3. Desenrolar, de acordo cos recursos dos que se dispón, unha política retributiva en función de competencias.
  4. Aplicar unha eficaz comunicación interna que facilite o seu traballo e a participación dos traballadores en órganos de debate e toma de decisión.
  5. Solicitarlles periódicamente o seu grado de satisfacción e a súa percepción do clima laboral.

COS SOCIOS NUMERARIOS E COS SOCIOS PROTECTORES.

  1. Adecuada política de comunicación externa para informar de modo transparente das actuacións da organización, das convocatorias asociativas, das contas, orzamentos e dos plans de futuro, de forma que permita exercer eficazmente o seu papel de socio.
  2. Favorecer o coñecemento da misión e valores da organización, gañar a súa adhesión a estes valores e aumentar o seu sentido de pertenza.
  3. Xestionar eficazmente os recursos dispoñibles.
  4. Rendirlles contas periódicamente, informarlos da marcha do noso proxecto e dos seus resultados económicos.

COS PROVEDORES

  1. Establecer relacións funcionais, adecuadas e duradeiras.
  2. Necesidade dos provedores de anticipar requisitos e normas para así actuar de forma funcional e acorde á organización.

COAS ENTIDADES PÚBLICAS (XUNTA, SERGAS, concellos…) E FINANCIADORES

  1. Manter os requisitos para levar a cabo os distintos servizos
  2. Que a información recibida pola entidade e os servizos que presta se axusten á realidade

A política de calidade respaldada pola Alta Dirección de ASPADEX, é coñecida e aplicada por todo o persoal que conforma a empresa e supón un marco de referencia para o establecemento e revisión dos obxectivos de calidade. A Xunta Directiva de ASPADEX comprometese a facilitar os medios necesarios para lograr o establecido nesta política, asegurando a súa actualización cando sexa necesario, o seu entendimento e a difusión da mesma en todos os niveles da entidade.

COMUNICADO A PROVEEDORES

Aspadex, dispón dun Sistema de Xestión de Calidade, no que o control e o seguimento sobre o desempeño dos nosos proveedores. É un aspecto determinante para garantir a calidade dos nosos servizos .

Tanto o servizo prestado, como os productos suministrados son avaliados  según consta no noso sistema de xestión baseado na norma UNE-EN ISO 9001:2015. Esta valoración efectúase tendo en conta os criterios seguintes:

  • Calidad del  producto o servicio prestado
  • Servicio post-venta (garantías, devoluciones….)
  • Precio
  • Facilidades de pago
  • Entrega (plazos, pedido mínimo….)
  • Otras (control de Calidad (ISO), localización, atención al cliente, convenios publicitarios)

En función destos criterios e das incidencias ocasionadas a nosa organización e da súa repercusión na nosa actividade, procederáse ou non a homologación como proveedor ou o cese da relación comercial