A Deputación da Coruña concedeunos unha subvención (FOIE23) por un importe de 16.420,38 € para o equipamento do taller de lavandería do Centro de Día e Ocupacional Aspadex. O que supón un 55% do importe total do investimento (29.790,20 eu).
Con este investimento melloramos a calidade do servizo prestado ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. Neste taller ocupacional ademais de formar aos usuarios para unha actividade laboral, tamén se traballan habilidades e destrezas propias deste servizo como o lavado, planchado, doblado, marcaxe e clasificación de prendas.